No partido do Carabaliño, á parte Norte, hai unha aldea chamada Xurenzás, nome que, segundo referencias, lle vén dunha heroica loita entre dous mouros que habitaban cadaun coa súa familia en dous sitios distintos, mais a pouca distancia.
Un deles coñecíase co nome de Zas e vivía nun monte que chaman a Poneda do Couto, onde aínda existen traballos e gravados fermosos de letras descoñecidas.
E o outro habitaba onde chaman Monte Negro, onde hai un gran cacho de terreo posto en especiaiscondicións para un caso de guerra: consiste nunha reunión de murallas de 70 metros de longo aproximadamente, e a distancia da unha á outra é de 2 metros. A simple vista teñen na súa base o ancho de metro e medio e rematan en puntiagudo.
Dise que o segundo mouro tiña unha filla, e o primeiro, ou sexa Zas, chegou a s
e namorar dela pola súa beleza; e nese caso tratou de mercarlla ao seu pai, mais este negouse a venderlla por ningún diñeiro a foi tanta a furia do pretendente que, en accción de vinganza, "encantoulla". E vendo o pobre pai a situación lamentable da súa filla, madoulle un ultimatum por un escravo, onde lle dicía que se armase e que no nome do seu Deus saíse ao medio do camiño, onde se xuntaron e loitaron fortemente, quedando Zas como vencedor, o que, collléndoo "airosamente", lle fixo xurar no seu nome que se daba por vencido; ao que contestou: "Sí, Juro en Zas que estou vencido", e de aí lle vén o nome a dita aldea de Xurenzás.
Despois que pasados anos no pobo era habitado polos cristiáns, cando xa non se dicía que existían mouros neste país- non sendo os encantados-, un dos veciños botou a pastar uns porcos cara a o monte dito Monte Negro e mandou de gardián un neno, o que se meteu por unha encañada do monte onde estaba unha manta de milllo a secar em a carón dela, unha vella moura "arrestrelando liño", e un dos porcos foise tranquilamente ao millo; irritouse a vella e ceiboulle (para matalo) o restrelo, e con tan boa sorte fuxiu con el cravado o porco, que a toda présa chegou á casa do seu dono,do dito obxecto cravado. Colleuno o dono, examinouno e sacou en limpo que era de ouro.
Aínda hoxe, aos sucesores desa familia lle chaman "os do restrelo".