Conocer Galicia a través de sus leyendas, es una manera de viajar con la imaginación y vivir un poco lo que se ha transmitido de generación en generación por medio de cuentos de nuestros padres, abuelos, etc. Ese va a ser la finalidad de este blog. Ilustraremos con imágenes la belleza de diferentes poblados donde surgen dichas leyendas para que el lector se adentre en cada historia. Esperamos que sea de su total agrado.
28 feb 2012
SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.
O santo apóstolo snto André, que se atopaba naquel arredado curruncho, illado e senlleiro, andaba decote tristeiro de ver as grandes peregrinacións que de toda a parte do mundo cristián ían camiño de Compostela para facer oración diante do sartego de Santiago, malia as penalidades que tiñan que sufrir, en troques o seu santuario víase baleiro, malia que facía tamén milagres e sandaba malados que serían incurables sen a súa axuda protectora.
E disque, di a lenda, o bo do santo André percorría os camiños vagarosamente, e diriamos que un pouco amuado se non for santo; pero se non amuado, moi contento non había andar tampouco.
Un día, no decurso dunha das súas longas camiñadas en que ía cavilando na súa pouca sorte, achouse supetamente ante Noso Señor que viñera á nosa terra para ver como andaban as cousas e, ao velo, el Señor preguntoulle:
-Véxote tristeiro, André,¿que é o que che aontece?
E santo André, aproveitando o ensexo, respondeulle:
-Divino Mestre, ando tristeiro porque vexo que de todo o mundo veñen xentes visitar a teu discípulo Santiago, que está en boa terra e ten bos camiños para chegaren onda el; e sofren e padecen nos longos días das lonxanas romaxes...-e con toda a humildanza, engadiu-: En troque ninguén vén a pé de min; o meu santuario está decote vougo coma se eu non for tamén o voso discípulo, non menos fiel e celoso do ben para todos os homes.
Noso Señor, amerceadoe ollándoo con agarimo,díxolle entón:
-Dis ben, André, e ti non has ser menos do que Xacobe. De hoxe en diante prométoche que ninguén ha entrar no ceo sen ter visitado o teu santuario,polo menos unha vez na vida; e aquel que o non fixer de vivo, farao despois de morto.
E así foi, e por iso se dis:
A Santo André de Teixido,
vai de morto o que non vai de vivo.
Cedeira, A Coruña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario